11/05/2026
O meu Argueiro máis emotivo. Así despedimos ao abuelito, rodeados do calor e o amor da familia e da tantísima xente que quixo darlle un último adeus 💔
si Paquín vos pudese decir algo non vos diría ola, diría op. berraría por Eladina, miraría algo pre vós e diría "bueno, vou marchar"
poñería a súa boina, collería o foucín e iría pola Carrieira hacia á Burruga a ver si se atopaba cos de Vallo. esa era a súa rutina, a súa ansia era ese paseín de cada día hasta que veu o covid
gustáballe que houbese xente na casa pero dáballe algo igual, el tiña que ir ao seu porque si algo nos enseñou o noso Paquín é a mirar polo noso e a andar sempre o noso camín
entonte o abuelo saliu de Salgueiras por última vez, da súa casa, desa na que tanto traballaron e nesa na que a abuela e el crearon esta familia que lle deu todo o amor e cuidados hasta o seu último aliento.
estes dous anos nos que o abuelo non pudo andar non foron fáciles pero entre unhos e outros puxemos todo o noso cariño pre darlle todos os mimos que merecía: unhas veces en forma de caricias na cabeza porque muito lle gustaba que lle rascasen a cabeza e outras, en forma de cantelos e miguiñas de pan
pode parecer que non polos 93 anos que tiña pero o abuelo deixa un vacío mui grande no noso corazón, na nosa vida, no sofá, na esquina da cociña, en Salgueiras.
Paquín marchou sin facer ruido, como si fose dar un deses paseos a Burruga pero desta vez non volve polo pico da horta
pero dalgunha forma queda con nós, queda na carrieira, na burruga, na fontaíña, no banco do campo, nos ronqueiros, no souto, no vale, na aira, en cada rincón de Salgueiras
o abuelo foi mui pillabán e quixo baixar a feira de maio. querería algún cebolo ou pimentos que ademais tamos no menguante...
Paquín volou no mes máis bonito, no das flores, no dos días largos e dos colores. así vai, rodeado da alegría das flores que lle recordarán as dos campos que tantas veces mirou e tanto nos enseñou a amar e admirar
marchou merendando peras, probando as primeiras cereixas e cenando as papas de maís da abuela, a súa comida favorita
despídome como sempre facía el, cantando:
nena que véndelas peras cuantas che mandaron dar pre ti meu queridín non mas mandaron contar.
descansa en paz, chachín
abuelo, querémoste e nunca te esqueceremos
non deixes de agarrarnos as maus 🤲🏻