21/06/2026
✨ Unha noite para lembrar no Xeoparque Montañas do Courel ✨
Esta fin de semana celebramos a nosa cea de empresarios e comerciantes da comarca de Quiroga, cunha gran paella popular que superou todas as expectativas.
Sentímonos profundamente orgullosos da resposta da xente. Máis de cen persoas reunímonos arredor dunha mesa para compartir, conversar e seguir fortalecendo os lazos que unen o noso territorio. Porque cando empresarios, comerciantes, veciñanza e institucións camiñamos na mesma dirección, o territorio do Xeoparque montañas do Caurel, faise mais forte.
A temperatura acompañou, o ambiente foi inmellorable e puidemos g***r dunha noite sen présas, chea de conversa, reencontros e bos momentos.
Un agradecemento moi especial ás empresas colaboradoras que fixeron posible este evento:
🔸 Restaurante Chapacuña
🔸 Hotel Estanco
🔸 Pastelería Marisa
🔸 Frutería As Tres en Cunca
🔸 Bodega EDV
🔸 Lar de Ricobao
🔸 Casa de Outeiro
🔸Val de Quiroga
Tamén queremos destacar a implicación das persoas que axudaron a que todo saíse perfecto. Grazas a Noemí, Germán, Alicia, Mónica, Rosa, María José, Manuel e a todos os voluntarios e voluntarias que, unha vez rematada a cea, colaboraron na recollida de mesas e cadeiras, unha mención especial para Roberto Castro, alcalde de Ribas de Sil, pola súa disposición e colaboración.
Vémonos o ano que vén... con máis ganas, máis ilusión e, se cabe, aínda mellor! 💚