Trisquel

Trisquel VIVENDA VACACIONAL NO CENTRO DE RIANXO

01/09/2026

Vinte edicións van xa do día máis rianxeiro do ano!

O Feirón Mariñeiro encherá a vila de artesanía, música e gastronomía. Vestide as vosas mellores galas e vémonos nas rúas!

30/08/2026

💣💣💣 REBELIOM DO INFRAMUNDO serán os encargados de abrir este CeibaRimas 2026, o 3 de outubro en Rianxo 🗓️

🤯 Si, si, lestes ben! Este CeibaRimas comeza por todo o alto cun concerto de hip hop en galego dos máis grandes, REBELIOM DO INFRAMUNDO 🎤iniciando unha tarde-noite chea de freestyle e rap na nosa ligua. Alí vos queremos ver! 📝 Recordarde que as inscricións para participar na competición de freestyle en galego seguen abertas e son de balde 🙌 Tamén é gratuíta a entrada ao evento para o público. Non hai escusa para non asistir a esta quedada rapeira galega 🥰

Deputación da Coruña Sol Agra Tuñas Concello de Rianxo Lingua Galega Rent Galicia Inmobiliaria Merenda Creativa

27/08/2026
26/08/2026

Este sábado no cabo da cruz celebrase as IV bandeira barbanza Arousa da onde estarán as mellores traiñeiras do mundo da liga ACT - Asociación Clubes Traineras

E en Rianxo o playoff da Liga LGT

Barbanza Arousa capital do remo mundial.


25/08/2026

🏺✨ Rede Galega de Oficios Vivos: xornada de cerámica e alfarería en Rianxo
O sábado 17 de outubro, Rianxo acollerá unha nova xornada do programa de voluntariado interxeracional Rede Galega de Oficios Vivos, unha iniciativa gratuíta da Xunta de Galicia para recuperar, compartir e poñer en valor os oficios tradicionais galegos. 💙
🏺 Nesta ocasión: cerámica e alfarería, da man da alfarería O Rulo. Haberá explicacións, demostracións e práctica para coñecer materiais, ferramentas e técnicas e achegarse á elaboración artesanal de pezas.
📅 17 de outubro, sábado
📍 Cuartel Vello, Praza Castelao, 218, Rianxo
🕙 10:00–14:00 h e 16:00–20:00 h
💶 Gratuíta | Prazas limitadas
👥 Dirixida principalmente a maiores de 55 anos e mozas e mozos de 16 a 35 anos, aínda que tamén poden participar persoas de ata 54 anos.
👉 Inscricións: https://concelloderianxo.gal/.../rede-galega-de-oficios...
🌱 Unha oportunidade para aprender, compartir saberes e contribuír á transmisión do noso patrimonio artesanal galego. 👐💚

25/08/2026

Ás veces, viaxar consiste simplemente en cambiar o ritmo. Camiñar, respirar, contemplar a paisaxe e desfrutar de cada momento. Barbanza Arousa é ese lugar onde as presas quedan atrás e cada experiencia atopa o seu momento. Garda este destino para cando necesites desconectar.
__
A veces, viajar consiste simplemente en cambiar el ritmo. Caminar, respirar, contemplar el paisaje y disfrutar de cada momento. Barbanza Arousa es ese lugar donde las prisas quedan atrás y cada experiencia encuentra su momento. Guarda este destino para cuando necesites desconectar.





23/08/2026

Cando a paisaxe combina mar e montaña, cando a tradición segue formando parte da vida cotiá e cando a gastronomía fala do seu orixe, sabes que estás nun lugar especial. Así é Barbanza Arousa: auténtica, diversa e chea de experiencias. Descúbrea ao teu ritmo e déixate sorprender.
__
Cuando el paisaje combina mar y montaña, cuando la tradición sigue formando parte de la vida cotidiana y cuando la gastronomía habla de su origen, sabes que estás en un lugar especial. Así es Barbanza Arousa: auténtica, diversa y llena de experiencias. Descúbrela a tu ritmo y déjate sorprender.





18/08/2026
18/08/2026

✨🌊[GL] O cartel desta 𝐈𝐗 edición de 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨 amósanos un presente capaz de anticipar un posible futuro.

📸 A fotografía que ilustra o cartel é obra de 𝐂𝐡𝐚𝐫𝐥𝐢𝐞 𝐍𝐮𝐭𝐭𝐢𝐧𝐠, fotógrafo, videógrafo e apaixonado das historias do mar, das súas xentes e da vida salvaxe. Foi tomada a comezos de ano, nos baixos fronte ás costas de Nova Inglaterra, logo dunha poderosa tormenta que conseguiu romper as amarras dun pequeno pesqueiro e empurralo até os areais.

🔹A través da súa ollada, a imaxe achéganos, de maneira metafórica, a un futuro marcado polo abandono das pequenas flotas pesqueiras sostibles, unha realidade que ameaza con transformar profundamente a vida e a identidade dos territorios costeiros.

⚓ Co foco posto na preservación das flotas de pesca artesanal e de baixura, como expresión da soberanía alimentaria, do patrimonio marítimo-pesqueiro e como sinal de identidade dos pobos costeiros, emprendemos unha nova singladura no 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐑𝐢𝐚𝐧𝐱𝐨.

✨O cinema e o mar agárdanvos do 14 ao 18 de outubro en Rianxo!



✨🌊[EN] The poster for the 𝐈𝐗 edition of 𝐌𝐚𝐫𝐞𝐬 𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧 𝐝𝐨 𝐌𝐮𝐧𝐝𝐨 shows us a present that may foreshadow a possible future.

The photograph featured on the poster was taken by 𝐂𝐡𝐚𝐫𝐥𝐢𝐞 𝐍𝐮𝐭𝐭𝐢𝐧𝐠, a photographer, filmmaker and passionate storyteller of the coast, its people and its wildlife. The photograph was taken earlier this year in the waters off the coast of New England, following a powerful storm that broke the moorings of a small fishing boat and pushed it onto the shore.

🔹 Through his lens, the image becomes a metaphor for a future marked by the abandonment of small-scale sustainable fishing fleets, a reality that threatens to profoundly transform the life and identity of coastal communities.

⚓ With a focus on preserving small-scale and inshore fishing fleets, as an expression of food sovereignty, maritime and fishing heritage, and the identity of coastal communities, we embark on a new voyage that brings us once again to the Concello de Rianxo.

✨Cinema and the sea are waiting for you in Rianxo, October 14-18!

|



Concello de Rianxo Deputación da Coruña Cultura da Deputación da Coruña Nutting

Dirección

Rua De Abaixo
Rianjo
15920

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Trisquel publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Trisquel:

Compartir