01/09/2026
🍯 A apicultura galega necesita solucións urxentes
Dende o Sindicato Labrego Galego alertamos da situación crítica que está a vivir o sector apícola galego. A produción de mel en 2026 dificilmente superará as 2.000 toneladas, fronte ás case 4.000 toneladas recollidas en 2025: unha caída de máis do 50%.
A seca e o forte incremento da vespa velutina son dous dos principais factores desta caída, aos que se suman os problemas provocados pola varroa e unhas condicións económicas cada vez máis difíciles para as explotacións.
Por iso, dende o SLG reclamamos:
🐝 Unha resposta inmediata fronte á vespa velutina, con máis investigación e medidas específicas.
🍯 Prezos xustos para o mel, que permitan cubrir os custos de produción e cumprir coa Lei da Cadea Alimentaria.
🚢 Controis efectivos nas fronteiras para combater o fraude e a entrada de mel a prezos imposibles.
🌱 A inclusión da apicultura nas axudas asociadas da próxima PAC.
A apicultura é fundamental para a polinización, a conservación do medio natural e o equilibrio dos nosos ecosistemas.
É tempo de actuar para que as abellas e as persoas que coidan delas teñan futuro en Galiza.
Lee a nova completa na nosa web: https://sindicatolabrego.gal/novas/o-sindicato-labrego-galego-alerta-da-nefasta-campana-2026-que-esta-a-vivir-o-sector-apicola-e-insta-a-xunta-de-galicia-a-actuar-de-inmediato/