17/08/2026
A marea negra de veciños de Ons paralizamos hoxe o desembarco dos primeiros barcos que chegaban á illa como protesta polos inumerables recortes de dereitos que estamos a sufrir. Primeiro foi a expropiación e implantación dunha concesión nas nosas propias casas, seguimos con limitacións para poder realizar obras de reformas (pero eles poden construir un chalet como punto de información) e este ano chega a negativa para celebrar as nosas festas patronais que levamos celebrando dende que a illa é illa.
Unhas festas que comezan o sábado 22 de agosto ás 22h, unha verbena pequena con grupo de música pequeniño e que finaliza as 3 de mañán.
Os veciños encargamonos de todo, recollemos nós mesmos a basura que xenera a festa. Somos os primeiros que queremos que a nosa illa, as nosas casas, sexan un lugar limpo, seguro e respetado. Pero parece que o señor director do Parque Nacional non o entende.
Sr. Pepin, que problema tes con nós?
Os que nos seguides e xa tendes pensado vir a festa, non canceledes o plan A FESTA VAISE CELEBRAR.
É a nosa cultura, son as nosas raíces, non imos recuar.
Viva San Xaquin da Illa!