30/01/2026
Vamoos ❤️❤️❤️
💘🎭 Este ano San Valentín colleunos en pleno Carnaval… e non fixemos absolutamente nada por evitalo. Así que xa tes plan. De nada.
📅 Sábado 14 de febreiro
🍴 Concurso só para ceas con reserva
🎭 Disfraz moi recomendable se queres premio.
🗳️ Como funciona isto (sinxelo, que estamos a cear):
👉 Se tes reserva e vés disfrazado, participas automaticamente
👉 O equipo dos Trillizos escolle os finalistas
👉 E logo faise unha votación aberta para decidir os gañadores
🏆 Premios :
💖 Gañador: un vale canxeable por cea romántica con champán e habitación incluída.
🎉 Finalistas: premios inmediatos esa mesma noite como a cea gratis, botella de regalo ou chupitos extras.
📌 O concurso comeza sobre as 23:00, cando xa hai confianza, risas e algunha que outra copa de máis.
📌 Importante: só participan as ceas con reserva para esa noite. O resto pode mirar, aplaudir… e tomar apuntes para o ano que vén.
📲 Así que xa sabes, comparte isto con quen che deba unha cea e deixa que o Carnaval faga o resto.