28/11/2025
Receta del Viernes en A Voltas Co Prato Otro día más en TVG disfrutando ;-)
Un dos doces máis tradicionais do outono son as chulas, e o pasado venres fixo unhas de cabaza que estaban para perder o sentido! Non quedou ningunha no prato! Queredes facelas? Anotade a receita! ✍🏻
🎃𝑪𝑯𝑼𝑳𝑨𝑺 𝑫𝑬 𝑪𝑨𝑩𝑨𝒁𝑨🎃
I͟N͟G͟R͟E͟D͟I͟E͟N͟T͟E͟S͟:͟
ᴘᴀʀᴀ ᴀꜱ ᴄʜᴜʟᴀꜱ:
½ kg cabaza
2 ovos
150 ml leite
110 g fariña
Reladura de ½ limón
1 cullerada lévedo químico
1 chorriño ron (opcional)
40 g manteiga torrada
30-40 g azucre
Sal
Aceite de xirasol para fritir
ᴘᴀʀᴀ ᴏ ʀᴇʙᴏᴢᴀᴅᴏ:
Azucre
Canela en po
Reladura de limón
𝐄𝐋𝐀𝐁𝐎𝐑𝐀𝐂𝐈Ó𝐍
-Cun coitelo, facemos uns cortes en cuadrícula sobre a cabaza, e enfornamos durante unha hora a 190º. Tamén se pode cocer e escorrer ben, pero o forno dálle un toque ben saboroso😍.
-Retiramos a cabaza do forno, e cunha culler, separamos a polpa da monda. Botamos a polpa nun recipiente fondo e trituramos cun garfo. Reservamos.
-Poñemos a torrar a manteiga nun cazo a lume medio e, para que non se queime no fondo, suxeitamos o cazo polo mango e ímolo movendo. Cando torre a manteiga e comece a recender a froito seco, retiramos do lume.
-Batemos os ovos e engadímolos ao recipiente da cabaza.
-Agregamos ron, azucre, reladura de limón (podería ser de laranxa tamén), fariña, lévedo químico e a manteiga torrada. Remexemos ata que quede un amoado espeso. Deixamos repousar 10-15 minutos.
-Quentamos o aceite nunha tixola e engadímoslle unha monda de limón para aromatizalo.
-Cunha culler, dispoñemos o amoado en porcións na tixola e fritimos ata que douren.
-Mentres, preparamos un prato cunha mestura de azucre, canela e reladura de limón.
-Cando as chulas estean cociñadas, retirámolas do lume e escorrémolas nun prato con papel de cociña.
-Deixamos que arrefríen e rebozámolas na mestura de azucre, canela e reladura de limón.
As mellores sobremesas non teñen por que ser complicadas, as chulas son un exemplo! Doadas de facer e moi agradecidas! Probade esta receita… e a g***r! 😋
👉Deixámosvos a ligazón ao programa nas historias de hoxe e nos destacados de !😉