31/05/2026
💦A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e a presidenta da Asociación de Balnearios de Galicia, María Soledad Espiño, veñen de presentar a nova convocatoria do programa , da Xunta de Galicia, que chega á súa duodécima edición convertido nun referente no envellecemento activo e saudable.
Nesta edición ofertamos máis de 1.270 prazas, ao tempo que aumentamos as quendas para incluír os meses de verán. O prazo para solicitar praza está aberto ata o vindeiro 26 de xuño.
Participan no programa os seguintes balnearios da Asociación: Balneario de Compostela, HOTEL Balneario De Carballo, Balneario de Lugo Termas Romanas, Iberik Hoteles Gran Balneario de Guitiriz, Balneario de Arnoia, Laias Caldaria Hotel Balneario, Lobios Caldaria Hotel Balneario, Gran Balneario do Carballiño, Balneario Acuña, Balneario Dávila, Hotel Balneario Baños da Brea, BALNEARIO DE MONDARIZ e Termas de Cuntis