Cucurujú Aloxamento

Cucurujú Aloxamento Costa da Morte, Monte Pindo. Entre as pedras nas que se agochaban os "fuxidos" da Guerra Civil, fronte ao mar de Fisterra.Casa completa 6 persoas máximo.

Antiga casa de pescadores, de máis de cen anos, rehabilitada no 2016. Consta de 3 dormitorios dobres e independentes, 3 baños completos, salón, cociña, terraza e xardín con barbacoa. Está no Monte Pindo, entre a Cascada do Ézaro e a praia de Carnota, na Costa da Morte, preto de Fisterra, Muros, Corcubión, Cee ou Muxía. A pouco máis dunha hora en coche de Santiago ou A Coruña. O Cucurujú está cons

truído coa pedra do monte Pindo. Está ubicada entre as rochas e as furnas máis próximas ao Pindo, nas primeiras nas que se agochaban os "fuxidos" da Guerra Civi, que escapaban da Garda Civil que acodía a reclutalos. Está a cen metros do mar, xunto ao porto mariñeiro do Pindo. Desde o sofá pódense ver os pequenos pesqueiros, que faenan ao redor do Cabo de fisterra e tamén os barcos máis grandes, cargueiros, que van ao porto de Brens, na ría de Corcubión. O Cucurujú foi bautizado así polos veciños hai máis de cen anos porque a ubicación elevada da vivenda, no alto do Pindo, semella a dun pombal. "cucujurú" lembra o son constante e repetitivo que emiten as pombas. A casa ten grandes cristaleiras, que a enchen de luz, sol e luminosidade durante todo o día. A casa foi restaurada con materiais modernos e de gran calidade. Está equipada con todos os servizos. Ten calefacción por aerotermia, lavapratos, microondas, secador de pelo, lavadora...

Ubicación moi tranquila xa que non pasan coches por diante. O acceso é a pé, a través dun camiño que discorre entre casas típicas da zona e unhas escaleiras rústicas. A subida ten a súa recompensa porque as vistas desde o cucurujú son únicas. Pola parte de diante temos o mar e, pola parte traseira, o monte e as rochas do Pindo, cada unha cunha forma diferente e característica. Acceso directo desde a casa ao camiño do Monte Pindo. O Cucurujú pode ser un dos mellores lugares para unha estancia relaxada, pausada, íntima e con certo ton contemplativo, sen deixar de lado a súa ubicación, no corazón da Costa da Morte, onde a gastronomía e as praias son, para moitos, das mellores do mundo.

07/11/2022
18 xuño, no porto do Pindo. Música da boa.
24/05/2022

18 xuño, no porto do Pindo. Música da boa.

Comeza Orballo 2022.

Este ano voltamos a re-descubrir Galicia a través da música!

A primeira parada será no Porto do Pindo - Concello de Carnota , un lugar máxico que nos trae un cartaz a súa altura formado por:


Lisdexia

Deleiba

Todo isto e moito máis agárdanos o próximo 18 de Xuño.

Entradas a partir do martes 24 de maio ás 12:00 en woutick.es

Camiñando pola historia. Ruta das Leiteiras. Un percorrido inspirador.
17/05/2022

Camiñando pola historia. Ruta das Leiteiras. Un percorrido inspirador.

La senda se divide en dos trazados: uno circular de diez kilómetros y otro lineal de 14

Camiñando… pola historia. Un percorrido necesario e ben interesante.
27/03/2022

Camiñando… pola historia. Un percorrido necesario e ben interesante.

𝗢 𝘀𝗮́𝗯𝗮𝗱𝗼 𝟭𝟲 𝗱𝗲 𝗮𝗯𝗿𝗶𝗹 ás 9:30, dentro da programación do , está incluída unha 𝐚𝐧𝐝𝐚𝐢𝐧𝐚 na que se realizará parte do camiño que as nosas ancestras facían para ir vender o leite á vila de Muros.

Será unha ruta circular de aproximadamente 10km con saída e chegada na praza do concello.

👉 As inscricións xa están dispoñibles en https://cutt.ly/vSLd8N7

¿Una silla es un mueble o una obra de arte?  🪑 Nos encanta que  Frank Buschman nos deleite con sus creaciones. En el Cuc...
25/10/2021

¿Una silla es un mueble o una obra de arte? 🪑 Nos encanta que Frank Buschman nos deleite con sus creaciones. En el Cucurujú tenemos varias. Cousas bonitas.

En el caso de Frank Buschmann, ambos. “Es mi manera de dialogar con la madera”, dice el creador sudafricano, que trabaja este material de forma holística en Corcubión, un pueblo de la Costa da Morte, en Galicia.

¿Buscas unha noite espectacular? 👈 Aquí tes a de hoxe. -
08/10/2021

¿Buscas unha noite espectacular? 👈 Aquí tes a de hoxe. -

Hoxe temos unha cita no salón de actos con DESTEXEITO TEATRO e a súa comedia "Running" ás 21:00 h. no salón de actos do Concello.
Se aínda non o fixestes, reserva a túa praza!

19/09/2021

A voz e o sorriso permanente de Uxía Senlle aderezando Concello de Fisterra é un plan para repetir en bucle!:) Sempre hai plan na Costa da Morte. 😀

🎼🎧Concerto de Uxía! Un plan fabuloso para este sábado 18 de setembro en Fisterra 20h. 🥁🪘
15/09/2021

🎼🎧Concerto de Uxía! Un plan fabuloso para este sábado 18 de setembro en Fisterra 20h. 🥁🪘

18 e 19 de setembro, en Fisterra, cita musical 🎵 ben interesante! Fisterra Blues Experience
05/09/2021

18 e 19 de setembro, en Fisterra, cita musical 🎵 ben interesante! Fisterra Blues Experience

Compra aquí tus entradas para Fisterra Blues Experience 2021

Un paseo polo Monte Pindo sempre é boa opción. Un paseo polo Monte Pindo con Pepe do Fieiro é unha oportunidade!:)
01/09/2021

Un paseo polo Monte Pindo sempre é boa opción. Un paseo polo Monte Pindo con Pepe do Fieiro é unha oportunidade!:)

😲 𝗖𝗼𝗺𝗼❓ 𝗔𝗶́𝗻𝗱𝗮 𝗻𝗼𝗻 𝘀𝘂𝗯𝗶𝗰𝗵𝗲𝘀 𝗮𝗼 𝗠𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗣𝗶𝗻𝗱𝗼 𝗰𝗼 𝘀𝗲𝗻̃𝗼𝗿 𝗣𝗲𝗽𝗲 𝗱𝗼 𝗙𝗶𝗲𝗶𝗿𝗼❓❗ 🤦‍♀️
𝗣𝗼𝗶𝘀 𝗻𝗼𝗻 𝗽𝗲𝗿𝗱𝗮𝘀 𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗼𝗰𝗮𝘀𝗶𝗼́𝗻❗❗

Tan só quedan 2 datas para pechar a tempada 2021 e aínda quedan algunhas prazas dispoñibles!!

🏃🏃 𝑪𝒐𝒓𝒓𝒆 𝒒𝒖𝒆 𝒗𝒐𝒂𝒏❗❗

DATAS: 4 SETEMBRO · 11 SETEMBRO
INSCRICIÓN:
📲 https://cutt.ly/UWkvinF
💻 [email protected]
☎ 662 346 927

--

😲 ¿𝗖𝗼́𝗺𝗼❓ ¡¿𝗡𝗼 𝗵𝗮𝘀 𝘀𝘂𝗯𝗶𝗱𝗼 𝗮𝘂́𝗻 𝗮𝗹 𝗠𝗼𝗻𝘁𝗲 𝗣𝗶𝗻𝗱𝗼 𝗰𝗼𝗻 𝗲𝗹 𝘀𝗲𝗻̃𝗼𝗿 𝗣𝗲𝗽𝗲 𝗱𝗼 𝗙𝗶𝗲𝗶𝗿𝗼❓❗ 🤦‍♀️
¡¡𝗣𝘂𝗲𝘀 𝗻𝗼 𝗽𝗶𝗲𝗿𝗱𝗮𝘀 𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗼𝗰𝗮𝘀𝗶𝗼́𝗻❗❗

¡¡Tan sólo quedan 2 fechas para cerrar la temporada 2021 y todavía quedan algunas plazas disponibles!!

🏃🏃 ¡¡𝑪𝒐𝒓𝒓𝒆 𝒒𝒖𝒆 𝒗𝒖𝒆𝒍𝒂𝒏❗❗

FECHAS: 4 SEPTIEMBRE · 11 SEPTIEMBRE
INSCRIPCIÓN:
📲 https://cutt.ly/UWkvinF
💻 [email protected]
☎ 662 346 927

José Rodríguez Ramos

A Costa da Morte. Non sabemos se é máis bonita de noite ou de día.
01/09/2021

A Costa da Morte. Non sabemos se é máis bonita de noite ou de día.

La Costa da Morte es el punto desde donde mejor se disfruta este espectacular fenómeno natural por el que el mar se tiñe de azul fluorescente y la arena destella de luz nuestros pasos. Descubre las cinco playas desde las que mejor se divisan estas noches de impacto

Dirección

Pindo Norte 123
Carnota
15296

Teléfono

34600825892

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cucurujú Aloxamento publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir