Hotel Rústico Fonteverde

Hotel Rústico Fonteverde Situado na vila termal de Cuntis Hotel Rústico Fonteverde, situado no casco histórico da vila termal de Cuntis, ocupa unha casa construída na década de 1880.
(8)

Foi rehabilitada conservando a fachada orixinal con galerías e unha boa parte de elementos da anterior estrutura. O mobiliario tradicional utilizado xunto coa funcionalidade das súas instalacións crean un ambiente moi acolledor. Pódese dicir que éste foi o obxectivo principal na rehabilitación do inmoble: ofrecer aos hóspedes un benestar e unha acollida que farán da súa estancia no Hotel Rústico F

onteverde unha razón para voltar a Cuntis. Hotel Rústico Fonteverde é un lugar idóneo para relaxar, nunha vila na que se pode disfrutar das súas augas termais, do seu casco histórico e das paisaxes polas diferentes rotas de sendeirismo. Cuntis está situado a 28 quilómetros de Santiago de Compostela e a 26 de Pontevedra. A proximidade da costa, a tan só 18 quilómetros, permite facer diferentes percorridos polas praias de Rianxo, Vilagarcía de Arousa, etc. Unha situación privilexiada para achegarse á capital de Galicia e Patrimonio da Humanidade así como ás Rías Baixas. Nas cercanías de Cuntis, a 7 Km. está a vila de Caldas de Reis. Esta vila é a penúltima etapa dos peregrinos que tomano Camiño Portugués para chegar a Santiago de Compostela. Cuntis ofrece unha variante deste camiño.

Dirección

Rúa Bernardo Sagasta, 15/Cuntis
Cuntis
36670

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Hotel Rústico Fonteverde publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría