14/09/2026
🏁 Décimo Repsol ECORALLYE A Coruña 🌿🚗
Entre o 17 e o 20 de setembro, A Coruña acollerá unha nova edición desta importante proba galega, que chega cun récord de participación e unha parrilla de auténtico luxo, reunindo campións mundiais, campións nacionais e auténticas lendas do automobilismo.
Desde Fisterra queremos agradecer especialmente á Escudería La Coruña por ter pensado no noso concello e incluílo no percorrido desta décima edición.
📍 O venres 18, ao mediodía, os participantes estarán en Fisterra, na contorna do Faro, onde poderán g***r dun escenario único e dunha xornada moi especial.
Será unha magnífica ocasión para achegar a Fisterra o mundo do motor e a mobilidade sostible, coa presenza dalgunhas das grandes figuras da historia e da actualidade do automobilismo.