Coprodega

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Coprodega Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia

O vindeiro 27 de outubro, o Colexio Oficial de Médicos da Coruña (COMC) organiza a xornada «¿Quién decide por el menor e...
09/10/2026

O vindeiro 27 de outubro, o Colexio Oficial de Médicos da Coruña (COMC) organiza a xornada «¿Quién decide por el menor en la salud y en la enfermedad? ».

Este encontro abordará cuestións como o concepto de menor maduro, a toma de decisións e o consentimento por representación.

📅 27 de outubro.
🕠 17:30 h.
📍 Sede do COMC, A Coruña.
💻 Modalidade presencial e online.

🔗 Inscricións abertas.

08/10/2026

🦷 O futuro da prótese dental pasa pola innovación.

COPRODEGA participou en Dental Tècnic 2026, para coñecer as últimas novidades en estética, dixitalización, intelixencia artificial, tecnoloxía e materiais.

Contámosche todos os detalles sobre o encontro en https://coprodega.es/coprodega-participa-no-congreso-dental-tecnic-2026/.

PROTECCIÓN DE DATOS – Responsable: Coprodega | Finalidade: contestar consultas. | Lexitimación: consentimento do interesado. | Destinatarios: os datos non se cederán. | Dereitos: acceder, rectificar e suprimir os datos, limitar o seu tratamento ou solicitar a portabilidade a outro responsable. ...

Desde COPRODEGA subscribimos a declaración institucional de Unión Profesional de Galicia   e trasladamos a nosa profunda...
02/08/2026

Desde COPRODEGA subscribimos a declaración institucional de Unión Profesional de Galicia e trasladamos a nosa profunda preocupación polos graves incendios forestais que están a afectar a distintas zonas de España, causando vítimas e provocando importantes danos ambientais, animais, sociais e económicos.

Nestes momentos difíciles, queremos expresar a nosa solidariedade e apoio a todas as persoas e comunidades afectadas, así como o noso recoñecemento ao labor exemplar dos servizos de extinción, protección civil, forzas e corpos de seguridade, e de todos os profesionais que interveñen en cada fase da emerxencia.

Estes acontecementos lémbrannos a necesidade de reforzar as políticas de prevención, anticipación, planificación e adaptación, promovendo ademais a cooperación entre as administracións públicas, a comunidade científica, as corporacións profesionais e a sociedade civil.

Desde as profesións colexiadas reafirmamos o noso compromiso co interese xeral e coa achega de solucións técnicas, científicas e sociais que contribúan á protección das persoas, á recuperación dos territorios afectados e ao fortalecemento da resiliencia das nosas comunidades.

É tempo de descansar, desconectar… e, por suposto, de sorrir máis ca nunca. Vémonos á volta!
31/07/2026

É tempo de descansar, desconectar… e, por suposto, de sorrir máis ca nunca. Vémonos á volta!

Lamentamos profundamente a perda dun gran profesional alacantino do sector dental e, sobre todo, dunha gran persoa. Dura...
26/07/2026

Lamentamos profundamente a perda dun gran profesional alacantino do sector dental e, sobre todo, dunha gran persoa. Durante máis de tres décadas, dedicou o seu talento, esforzo e xenerosidade a mellorar sorrisos e a compartir coñecemento cos que tiveron a sorte de traballar ao seu carón.

O seu dominio da técnica, o seu compromiso co traballo sen présa e ben feito, e a súa maneira de ensinar desde a humildade deixan unha pegada imborrable na profesión. Desde Coprodega enviamos o noso máis sentido pésame á súa familia, amizades e compañeiros; sempre o lembraremos con gratitude, admiración e agarimo.

Descanse en paz.

📷 Na imaxe, á esquerda, no congreso Dental Tècnic 2018

Creemos en lo nuestro, en nuestra tierra y en las personas que la hacen crecer cada día. Hoy celebramos nuestras raíces,...
25/07/2026

Creemos en lo nuestro, en nuestra tierra y en las personas que la hacen crecer cada día. Hoy celebramos nuestras raíces, nuestra cultura y el valor de un territorio lleno de oportunidades.

Vimos de renovar a convenio coa entidade Eurostars Hoteles e temos unha formidable nova para ti: como colexiado de COPRO...
20/07/2026

Vimos de renovar a convenio coa entidade Eurostars Hoteles e temos unha formidable nova para ti: como colexiado de COPRODEGA terás dun 12% de desconto en reservas durante todo 2026. Este verán, benefíciate dos convenios do Colexio e accede ás mellores tarifas para as túas vacacións coa familia!

Explora as opcións dispoñibles en https://www.eurostarshotels.com/ e reserva xa!

📌 Máis información: [email protected]

En Galicia, o mar non só nos rodea… defínenos. No día da Virxe do Mar —a que acompaña aos que faenan e aos que agardan e...
16/07/2026

En Galicia, o mar non só nos rodea… defínenos. No día da Virxe do Mar —a que acompaña aos que faenan e aos que agardan en terra coa mirada posta no horizonte— queremos render homenaxe a quen co seu esforzo enche a nosa mesa e a todas as Carme... porque aquí todos temos unha Carmiña na vida, e con ela un vínculo invisible que nos une ao mar.

En COPRODEGA estamos sempre ao teu carón, non só no ámbito profesional, senón tamén no teu tempo de descanso e lecer. Es...
15/07/2026

En COPRODEGA estamos sempre ao teu carón, non só no ámbito profesional, senón tamén no teu tempo de descanso e lecer. Este verán, benefíciate dos convenios do Colexio e accede ás mellores tarifas para as túas vacacións coa familia:

📌 Convenio con AMA Seguros: hoteis, apartamentos, casas rurais, cámpings ou cruceiros… goza de múltiples opcións con condicións especiais por ser mutualista do "Club AMA". Máis información: https://www.amaseguros.com/club-a.m.a./ofertas/

📌 Convenio con Unión Profesional de Galicia: viaxes a medida e experiencias únicas, deseñadas para adaptarse a ti, cunha forma diferente de descubrir o mundo. Máis información: https://unionprofesionaldegalicia.org/atlantida-travel-union-profesional-galicia/

Explora as ofertas dispoñibles e reserva xa!

A solidariedade tamén se marca na túa declaración da renda. Ao sinalar a casiña de Empresa Solidaria, estás contribuíndo...
13/07/2026

A solidariedade tamén se marca na túa declaración da renda. Ao sinalar a casiña de Empresa Solidaria, estás contribuíndo directamente a apoiar proxectos sociais que melloran a vida de moitas persoas. Non supón ningún custo adicional para ti, pero ten un impacto real.

Ademais, se marcas esta casiña podes solicitar o "Selo Empresa Solidaria", un distintivo que recoñece o teu compromiso e que podes incorporar á ptúa áxina web e redes sociais.

Marca a diferenza cun xesto sinxelo!

👉 Infórmate en: https://www.casillaempresasolidaria.es/

Dirección

Hórreo, 7/1° D
Galicia
15702

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Martes 09:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 14:00
17:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 14:00
17:00 - 19:00

Teléfono

+34981571017

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Coprodega publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Coprodega:

Atajos

Compartir