dasaradass.coop.gal

dasaradass.coop.gal Hospedaxe,arte e natureza. Turismo consciente e respetuoso
Divulgación ambiental,talleres,rutas

🌿Este domingo 23 de xuño  en horario de 10:30 a 14:00h na Casa das Insuas   , Rábade, compartiremos a mañá debuxando ped...
18/06/2024

🌿Este domingo 23 de xuño en horario de 10:30 a 14:00h na Casa das Insuas , Rábade, compartiremos a mañá debuxando pedaciños de natureza. Se o tempo nolo permite, como a pasada xornada, daremos un paseo pola contorna recollendo pequenos " tesouros " que nos axuden a inspirarnos na nosa composición. Despois, pintaremos a composición basada en cores,formas... A temática é libre e moi persoal.

Non fai falla ter coñecementos previos de debuxo. Só ganas de pintar en compaña e aprender. Todos aprendemos de todos.

O debuxo da natureza axúdanos a aprender a observar, a facernos preguntas, pararse a pensar, a e se cadra, a valorar máis o que nos rodea.

Actividade gratuita.Prazas limitadas. Inscricións en www.custodiadoterritorio.org/actividades. Máis información en [email protected] ou no 630-94.8293.
Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

🌿Mañán domingo temos de novo outra cita na  para debuxar natureza!! Neste mes de xuño teremos dúas sesións para ilustrar...
08/06/2024

🌿Mañán domingo temos de novo outra cita na para debuxar natureza!!
Neste mes de xuño teremos dúas sesións para ilustrar con acuarela os pequenos tesouros que nos atopamos nos nosos paseos pola natureza e facer unha composición artística.

O debuxo da natureza é unha gran ferramenta de coñecemento. A través del aprendemos a fixar a atención en pequenos detalles que pasarían quizáis desapercibidos. O debuxo axúdanos a admirar se cabe máis o que observamos. Vémonos!

En Carballedo das Aradas temos carballos...moitos carballos. Aínda que xa nos comezan a rodear os cultivos de eucalipto....
20/05/2024

En Carballedo das Aradas temos carballos...moitos carballos. Aínda que xa nos comezan a rodear os cultivos de eucalipto.

Q. pyrenaica, Q. robur... e pode que algún híbrido!!) Vale que a miña man tampouco é moi grande... pero estas follas son impresionantes!💚

🌿Atención!!! Nova data!!! Máis info e inscricións en www.piapaxaro.com
18/05/2024

🌿Atención!!! Nova data!!!

Máis info e inscricións en www.piapaxaro.com

🌿Un novo xeito de achegarse ás orquídeas e ás paisaxes primaverais do Courel🌺O domingo 19 achegarémonos aos afloramentos...
09/05/2024

🌿Un novo xeito de achegarse ás orquídeas e ás paisaxes primaverais do Courel

🌺O domingo 19 achegarémonos aos afloramentos calcarios do noso territorio dun xeito único xa que, ademais de tentar comprendelos e valoralos da man de Marcos Reinoso de teremos a oportunidade de ilustrar algunha das especies de orquídeas que neles florecen nesta época con Mariana Roura, de .coop.gal

Será unha mañá diferente, na que visitaremos espazos únicos en Galicia e aprenderemos moitas técnicas de ilustración da natureza.

💚O grupo, como sempre, pequeno, xa que pisaremos espazos delicados; entre eles, algunha das “Microrreservas de Orquídeas” definidas e delimitadas pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, que tamén apoia esta iniciativa.

💮Lembrade: é impresindible a inscrición e as prazas son limitadas, por orde de inscrición.
Inscricións en www piapaxaro.com

Unha vez vos inscribades recibiredes correo de confirmación, así como detalles e horarios da saída. Para máis info, tedes os teléfonos no cartaz.

🌿Outra xornada moi linda con xente estupenda. Estas fotos son do taller de ilustración de plantas que fixemos na  en Ráb...
08/05/2024

🌿Outra xornada moi linda con xente estupenda. Estas fotos son do taller de ilustración de plantas que fixemos na en Rábade.

🌺 O domingo 26 de maio repetimos a actividade!!! E en xuño temos programadas dúas máis!!

💚A ilustración da natureza é unha potente ferramenta de coñecemento e conexión. Grazas a ela, aprendemos a observar, a fixarnos en detalles e a facernos preguntas. Convídanos a querer saber e querer descubrir. Sen importar tanto o resultado final, o importante é o camiño e o desfrute do proceso creativo, sen xuizos nin espectativas.

Prazas limitadas. Inscricións en www.custodiadoterritorio.org/actividades. Máis información en [email protected] ou no 630-94.8293.

Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

💮E como avance... O próximo 19 de maio, vémonos nun entorno moi especial. Animádesvos a pintar orquídeas?

08/05/2024
🐿️Esta mañán tivemos outra sesión de ilustración dos pequenos mamíferos das Insuas do Miño,  na .Aprendemos proporcións,...
28/04/2024

🐿️Esta mañán tivemos outra sesión de ilustración dos pequenos mamíferos das Insuas do Miño, na .

Aprendemos proporcións, truquiños de debuxo, técnicas de acuarela, medios... Outra forma de achegarse á natureza.
O debuxo é unha gran ferramenta de aprendizaxe.
Non se pode defender nin protexer o que non se coñece.
De ahí que a divulgación da natureza sexa clave.

💚🌺🌼🌿 Maio ven cargado de actividades de ilustración! Estade atent@s!! A temática de maio serán as plantas das Insuas en dúas sesións.

Prazas limitadas. Inscricións en www.custodiadoterritorio.org/actividades. Máis información en [email protected] ou no 630-94.8293.

Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

Qué tarde máis agradable pasamos onte co taller de encadernación. Aprendemos as partes dun libro e fomos facendo o noso ...
21/04/2024

Qué tarde máis agradable pasamos onte co taller de encadernación. Aprendemos as partes dun libro e fomos facendo o noso propio caderno.

Cosemos,encolamos,aprendemos nudos, trucos... unha pasada! O resultado, outra pasada. Gracias a .mv por vir a dar o taller aquí ao medio do campo e a todas as que participástedes por facelo posible💜

♥️💛💜💚 queremos encher este espazo de iniciativas!!!Se tendes ideas, proxectos, obradoiros... algo que compartir e gustaríavos facelo aquí no medio do campo, podedes contactar con nós.

Mañá fermosa a  do pasado domingo no entorno das Insuas de Rábade. Este ano seguimos a colaborar coa  na actividade dos ...
16/04/2024

Mañá fermosa a do pasado domingo no entorno das Insuas de Rábade. Este ano seguimos a colaborar coa na actividade dos cursos de ilustración da natureza. O debuxo da natureza é un gran instrumento de coñecemento e divulgación, ademáis de ser un gran mecanismo de contacto e toma de conciencia co que nos rodea.

Este mes tocan os pequenos mamíferos das Insuas.

Debido ó interese suscitado no Curso de Ilustración da Natureza ampliamos as datas. Serán dúas sesións ao mes. Se estades interesados entrade na súa web.

Estade atentos ás novas!!

Prazas limitadas. Inscricións en www.custodiadoterritorio.org/actividades. Máis información en [email protected] ou no 630-94.8293.

Esta actividade inclúese dentro do acordo de custodia do territorio asinado entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a conservación, investigación e divulgación da natureza nas Insuas do Miño e Ollos de Begonte e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño.

📙📓📚📕📖.... Gústanvos tanto coma a nós as libretas, cadernos, fanzines...???Gustaríavos aprender a facelos vos mesm@s e ad...
06/04/2024

📙📓📚📕📖.... Gústanvos tanto coma a nós as libretas, cadernos, fanzines...???

Gustaríavos aprender a facelos vos mesm@s e ademáis personalizalos??? Pois tendes a oportunidade de facelo o 20 de abril, nun entorno rodeado de natureza da man de María .mv

Animádevos!!!

Area,cal,barro,palla...e pedra. E cariño tamén..., en dosis grandes. Eso axuda moito a fraguar mellor todo. Seguimos en ...
08/02/2024

Area,cal,barro,palla...e pedra. E cariño tamén..., en dosis grandes. Eso axuda moito a fraguar mellor todo. Seguimos en obras, ilusionadas de poder abrir este novo espacio de recepción, artesanía... Un espacio para estar, compartir, aprender... qué sabemos o que está por vir! Eso tamén é bonito.

Dirección

Carballedo
Guitiriz
27380

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando dasaradass.coop.gal publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a dasaradass.coop.gal:

Compartir