A Casa das Minas. Turismo e Natureza

A Casa das Minas. Turismo e Natureza Na parroquia de Zobra, as antigas casas de A Mina de A Trigueira foron rehabilitadas ofrecen un espazo de aloxamento para explorar a Serra do Candán.

02/04/2024

Agardando polo sol!!!
Estampa ( do pouco que durou polo dagora) da primavera.

Choveu, chove e sempre choverá, máis nunca aos daiquí amolou nin amolará!!Visita o Candán en calquera momento do ano!!!
30/03/2024

Choveu, chove e sempre choverá, máis nunca aos daiquí amolou nin amolará!!
Visita o Candán en calquera momento do ano!!!

27/03/2024

Invernía primaveral na Serra do Candán!

Primavera na Trigueira, bonito día na, Serra do Candán!!
24/03/2024

Primavera na Trigueira, bonito día na, Serra do Candán!!

Loita contra Velutina: comezan unhas semanas estratéxicas para trampear velutinas da maneira máis selectiva posible."Coa...
05/03/2024

Loita contra Velutina: comezan unhas semanas estratéxicas para trampear velutinas da maneira máis selectiva posible.

"Coa chegada da primavera, e aínda que na nosa comarca retrasan a súa aparición con respecto a zonas máis baixas ou de costa, as primeiras raíñas de Vespa velutina ou tártago negro de patas amarelas empezan a despertar do seu sono invernal e a prepararse para iniciar os novos niños, buscando alimento e localizacións axeitadas.

Se non se atallan antes serán as que, coa chegada do verán, terán dado forma a novas colonias, empezando nesas datas a ser a súa presencia moito máis evidentes, facéndose habituais case que ata finais de ano en xardíns e froiteiras, praias, entornos fluviais e sobre todo apiarios, nos que supoñen un problema importante ao debilitar as colmeas, producindo a morte de moitas ou favorecendo o desenrolo de outras pragas, como a varroa, que finiquitarán, no principio de outono, a moitos dos enxames que se vexan afectados por unhas e outras.

A Asociación Galega de Apicultura ven de lembrar a necesidade de iniciar o trampeo de raíñas, e facelo cos métodos e nos tempos axeitados, pedindo a participación de todos e aconsellando os métodos a aplicar.

No Candán ven de empezar a colocación de trampas, para detectar o inicio da presencia das vespas e para tentar reducir o seu número, evitando de esta maneira a proliferación das mesmas.

É este un dos pasos que poden aplicarse na loita contra este insecto invasor, que continuará a partires de xuño con outros sistemas como a colocación de arpas ou controis remotos, dos que iremos falando para coñecemento de todos.

No seguinte enlace de AGA podedes atopar información de como preparar os atraentes, e as trampas temos comprobado que case calquera recipiente con unha entrada de non máis de 1 cm (unha botella furada nun lateral) serve para facer capturas.

https://apiculturagalega.gal/comunicado-importante-as-os-socias-os-de-aga/

Nas imaxes: trampa nunha camelia, comparativa de velutiaa e vespa cravo (autóctona e a protexer) e cría de varroa nun panal de cera."

Hoxe celébrase o día Mundial da Vida Silvestre!!!A Serra do Candán é unha das principais montañas do interior do país en...
03/03/2024

Hoxe celébrase o día Mundial da Vida Silvestre!!!
A Serra do Candán é unha das principais montañas do interior do país en flora e fauna, coidémola e disfrutemos dela!!!!

Hoxe participamos na actividade da AGA ( coa súa delegación do Deza) de formación no Proxecto Panega, sobre a cría e sel...
03/02/2024

Hoxe participamos na actividade da AGA ( coa súa delegación do Deza) de formación no Proxecto Panega, sobre a cría e selección da abella negra galega. Trata de formar a apicultores na cría e selección da abella negra galega, raza autóctona máis resistente á hora de afrontar as grandes ameazas das abellas: a velutina e a varroa.
Explicacións impartidas por Xosé Manúel Durán Orús e visita ás alvarizas do "Proxecto Aluariça".

Hoxe é San Candán.Estamos no día da Candeloria, día das candeas e da luz, e do resplandor no ceo para os pobos indoeurop...
01/02/2024

Hoxe é San Candán.
Estamos no día da Candeloria, día das candeas e da luz, e do resplandor no ceo para os pobos indoeuropeos.
Festividade relixiosa que veu purificar as festas paganas dos lupercais, que se celebran entre hoxe e o quince de febreiro.
É o día dos amigos dos lobos.
O día que na tradición celta marca o inicio do ciclo da natureza, no que se deixa atrás a época escura ( o inverno) e comeza a da luz ( os días xa medran con forza), inicio do calendario agrícola celta.
É o día da Serra do Candán e do Cando, da Canda. Promontorios célticos erixidos ao Deus Candamius. Montañas onde relucen as pedras, onde arde e resplandece o ceo.
A serra do Candán, a
morada de Candamius, deus dos ventos e das tormentas.

Segundo período mineiro.Nomes para a lembranza. Eis os nomes das minas nos montes do Candán, no que denominamos o segund...
31/01/2024

Segundo período mineiro.
Nomes para a lembranza.
Eis os nomes das minas nos montes do Candán, no que denominamos o segundo período, que comprende un momento fundamental da historia, a Primeira Guerra Mundial.O mineral extraído empregábase para reforzar e alixeirar os aceiros armamentísticos de canóns....:

1899. Mina Fortuna. Estaño Vilatuxe.
1900. Mina Casualidad. Ferro.
1901. M.María 2. Estaño.
1904. M.María. Estaño. A Trigueira.
1905. M.La Sociable. Estaño. A Cabana, A Trigueira.
1912. M.La Aurora. Estaño. As Galladas.
1912. M.El Porvenir. Estaño. Monte Galladas.
1916. M. La Progresiva. Estaño.Zobra.
1917. M. Matilde. Estaño. Costa do Medio, Zobra. 1918. M.La Sociable. Ferro. A Cabana.
1918. M.Magdalena. Estaño. A Trigueira.
1918. Iruru (Isurat)Bat. Estaño. Zobra.
1919. M.Gerardo. Estaño. Trigueira.
1927. Mina Jose Cañedo García. Estaño. Trigueira. 1928. M.Santa Elena. Estaño. Trigueira.
1928. M.Felisa. Estaño. Coco.
1932. M. La Cueva. Estaño.

Trampas do loboAlgúns topónimos da comarca desvelan a existencia dun patrimonio cultural moi rico vinculado á figura do ...
28/01/2024

Trampas do lobo
Algúns topónimos da comarca desvelan a existencia dun patrimonio cultural moi rico vinculado á figura do lobo.

Das trampas e trebellos empregados cabe destacar os coñecidos foxos e cousos, máis outros son totalmente descoñecidos e moi peculiares. Son os armadoiros, campos da armada, ou armadiñas, cos que tamén se batían os lobos pra ser conducidos onda eles.

Cóntanse foxos de lobo, hoxe desaparecidos, nos montes de Gresande, Castro de Cabras, Maceira, Monte Sanguiñedo, na Meixadoiro do alto do San Benito....construcións en pedra escavadas no chan, a modo de puzos, onde ben se poñía un cabrito que atraía ao lobo, ou ben era batido polas xentes do pobo que os acurralaban entre altos muros que se ían pechando coma un funil ate chegar o pozo e caer nel.

Os cousos temos testemuño toponímico nas proximidades do monte do Carrio, concretamente en Losón, pequenas trampas feitas no chan destinadas a atrapalo lobo.

No Monte do Carrio e no Candán, nas zarras de Moa, en Bustelos, e na Trigueira hai microtopónimos dos armadoiros, nos que precisamente se “armaban” as cordas, unhas redes de liño de grandes dimensións que na época das monterías estirábanse nun lugar estratéxico da devesa e cara onde se batía a "fera".

Moi cerca das Casas das Minas, na devesa que baixa cara o río dende Trigueira, atópase o lugar das Armadiñas. Xusto no outro lado do río, xa próximo a Moa, atópase A Armada, na que tamén poden visitarse as alvarizas máis pequenas da Serra do Candán e que aínda contan con colmeas.

As carboeiras e os taninos nos bosques do Candán.O  bosque  na  serra,  ademais  de  proporcionar  leña  e  madeira  par...
26/01/2024

As carboeiras e os taninos nos bosques do Candán.
O bosque na serra, ademais de proporcionar leña e madeira para a construción, tamén foi fonte para outros usos que chegaron ser moi importantes ao longo de séculos, máis xa desaparecidos fai varias décadas.
Antigos oficios hoxe esquecidos, como o carboeiro, ou os da pela dos carballos pra obter taninos gozaron dunha incesante actividade e laboriosidade, xunto co seu mercádeo fóra da comarca e que resultaron valiosos para a economía das xentes que vivían o carón das devesas ( Zobra, Moa, Ameixedo, Portomartín, Triguira, Balagosa, Liñeiras, Chedas....).
O carbón elaborábase con raíces de uces e toradas de carballo que se facían combustionar moi lentamente en terrazos, na propia devesa, amontoados en pías ben ordenadas e cubertas con terra que impedía a entrada de osíxeno, logrando que a madeira no lugar de arder fora, paulatinamente, co paso dos días fose carbonizándose. Unha vez obtido o carbón era transportado e vendido nas feiras.
O aproveitamento dos Taninos é un paso previo á elaboración do carbón, pelábanse no verán a casca das árbores, maiormente de carballos, e levábase nos carros con bois para os curtidoiros do país.
Dos montes do Candán saíron ringleiras de carros con milleiros de tonas ou cortizas, por Chedas cara O Reino (Ourense) e, por Vilatuxe, cara Lalín ( que contou con ata catro curtidoiros de coiro). A casca enxoita e sen apenas taninos destinábase a quentar lareiras, a restante moíase e depositábase en píos onde maceraban os taninos, que actuaban coma curtinte para hidrofugar as pelicas ou coiros que conxuntamente se depositaban a remollo varios días.
Coa chegada das sales de cromo e unha mellora na industrialización do coiro este antigo método foi deixando de practicarse.
Polos camiños das devesas próximas as nosas casas podes ver os terrazos ou lugares onde se fixeron tantas e tantas carboeiras.
Fotos Un terrazo dentro da devesa que albergou unha antiga carboeira. A devesa en outono e primavera con Bustelos ó fondo.Reproducción en maqueta dunha carboeira.
Acompáñase enlace da Voz de Galicia onde se recolle a historia dos últimos carboeiros galegos ( ano 2018)

https://www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/lugo/2018/05/16/carboeiro-oficio-desaparece/00031526505079978150565.htm

As alvarizas que podemos denominar de "primeira xeración" foron concebidas coma fortificacións defensivas das colmeas tr...
25/01/2024

As alvarizas que podemos denominar de "primeira xeración" foron concebidas coma fortificacións defensivas das colmeas tradicionais fronte a pillaxe dos osos, enormemente atraídos polo mel que devoraban con pasión, de ter oportunidade.
A toponimia de Cavadoso, ao pé do Deza, ou o Rego de Reidoso no Testeiro tamén nos indican da súa presencia.
Esta necesidade defensiva desaparece cando se extingue o oso da Serra, cara mediados- finais do s.XIX, e dase un paso de construccións extraordinariamente "poderosas" e infranqueables a outras de factura constructiva máis sinxela que, imitando ás primeiras, abandoan aqueles elementos defensivos máis esaxerados e antigos ( portas minúsculas, muros moi grosos e altos, e as prominentes coroas que sobresaían do máis alto das paredes). A estas últimas ben podemos denominalas de "segunda xeración" e teñen moitos menos anos.

Dirección

A Trigueira
Lalín

Teléfono

660000294

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Casa das Minas. Turismo e Natureza publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir