25/06/2026
🌊✨ A Illa de Ons converteuse nun espazo de aprendizaxe, convivencia e conexión co mar para a mocidade participante no proxecto “Relevo Xeracional: O Futuro do Mar”.
Máis de 30 escolares de distintos territorios GALP de Galicia participaron nesta estancia educativa no Parque Nacional das Illas Atlánticas, unha experiencia centrada na sensibilización ambiental, o coñecemento do medio mariño e a posta en valor das profesións vinculadas ao mar.
Desde o territorio do GALP Ría de Pontevedra participaron alumnado do:
⚓ IES Illa de Tambo
⚓ CPR Sagrado Corazón de Placeres
Durante tres días desenvolveron actividades sobre pesca sostible, conservación mariña, patrimonio costeiro e dinámicas colaborativas nun entorno único como a Illa de Ons 💙
Porque garantir o futuro das nosas comunidades costeiras tamén pasa por achegar a mocidade ao mar e ás oportunidades que ofrece.