16/10/2026
Por aquí somos moito de montar líos. Dos bonitos, dos que xuntan xente e deixan ganas de repetir.
E agora queremos coñecer os teus! 👀
Tes unha banda, fas teatro, montas obradoiros ou tes unha idea á que levas tempo dándolle voltas? Na Talangreira somos todo oídos.
📩 Escríbenos por privado, cóntanos que tes entre mans e mándanos o teu portfolio, vídeos ou algún exemplo do que fas. Imos ver que podemos montar!
E se mentres lías isto pensaches en alguén… pásalle o aviso 😉