Músicas Ao Vivo

Cómo llegar Página web

Músicas Ao Vivo Pretende ser un lugar onde todos os músicos/as teñan cabida e así posuír unha voz común deste colectivo.

Oficina sita no Centro de Negocios Porto do Molle - ZFV, na oficina 1.22 - Nigrán (Pontevedra)
Horario de atención ao público:
De Luns a Venres de 09:00 a 14:00h Músicas Ao Vivo nace no ano 2008 co obxectivo de agrupar e unificar as inquietudes dos músicos/as de directo, e como plataforma de intercambio de información e opinión. A filosofía desta asociación baséase en dignificar a música en directo e o traballo dos músicos/as que a levan a cabo.

O vindeiro venres, 23 de outubro, terá lugar unha xornada online de traballo onde abordaremos un aspecto fundamental de ...
19/10/2026

O vindeiro venres, 23 de outubro, terá lugar unha xornada online de traballo onde abordaremos un aspecto fundamental de cara ao aproveitamento das feiras profesionais de música dirixida a artistas (autoxestionados ou non), pequenas axencias e managers, etc. Esta xornada, organizada por Músicas ao Vivo, encádrase dentro das actividades da feira PALCO que se desenvolverá o 3 ao 5 de novembro en Santiago de Compostela.

Na xornada abordarase como achegarse a estas feiras, materiais necesarios a preparar, que dicir e como e en canto tempo, como abordar posibles "speedmeetings" con programadores, que pedir e que non...Basicamente poder situarnos e preparar e sacar partido á nosa presenza neste tipo de feiras.

A xornada será impartida por Aitana Cuétara (Luneda Producións), persoa con ampla experiencia en xestión cultural, booking, produción e programación de eventos musicais, e acompañamento en procesos de profesionalización artística. Ademais leva moitos anos acudindo a diferentes feiras e conta tamén con experiencia na súa organización.

A xornada desenvolverase en horario de 17:00 a 19:00h e podedes asistir a través da seguinte ligazón:
https://meet.google.com/iry-bbcz-ugo

Agradecemos que os interesados se anoten no formulario para poder contactar ou informar dalgunha variación na xornada:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc6TGOeZCpoZcAFQcgITEpihEtp4nOkk5-qpJ0q-k88CDmZyg/viewform



Músicas Ao Vivo
Agem Asociación Galega Empresas Musicais Axencia Galega das Industrias Culturais

https://musicasaovivo.gal/novas/684-comunicado-pola-cancelacion-de-concertos-en-vigoEstes últimos días chegou o anuncio ...
13/07/2026

https://musicasaovivo.gal/novas/684-comunicado-pola-cancelacion-de-concertos-en-vigo

Estes últimos días chegou o anuncio de que o Concello de Vigo paralizaba de forma inmediata os concertos en todos os chiringuitos de praia da cidade.

A decisión, supón un duro golpe para a economía dos propios músicos da cidade, hostelería, empresarios, provedores e público.

Isto volve a poñer enriba da mesa a problemática e as eivas de moitas das nosas cidades e vilas para coa cultura local. Favorecer e fomentar a cultura e a música de proximidade é unha responsabilidade pública das nosas administracións. No caso concreto de Vigo, a música en directo é unha das señas de identidade da cidade pero nos últimos anos asistimos a un paulatino emperoamento da cultura musical de base: peche de espazos, persecución policial de concertos, peche de locais de ensaio, falta de oportunidades para que os grupos locais actúen nos escenarios máis importantes da cidade…mentres se fomentan grandes macroeventos con grandes despregamentos de luz, ruído, cortes de rúas…

Neste caso, como en moitos outros, falamos de concertos pequenos ou medianos, con horarios razoables, xerando ambiente e traballo; así como facilitando o acceso á cultura á cidadanía.

Parece que a normativa das concesións dos chiringuitos prohibe expresamente este tipo de eventos pero víñanse celebrando concertos estes últimos anos sen problema algún. Pero a prohibición total non pode ser alternativa. Máis aínda unha vez xa comenzada a tempada de verán, coas concesións adxudicadas e o calendario de concertos pechado.

É necesaria a implementación dunha normativa clara e coherente que permita a volta dos concertos aos estes e outros espazos de Vigo e de todas as cidades. Esta normativa debería contemplar horarios razoables, limitacións de decibeis, condicións de contratación dos músicos e outras medidas que garantan a convivencia entre a música e o descanso dos veciños, sen prexudicar a esencia cultural que caracteriza á cidade. É importante resaltar tamén a dificultade para a obtención de novas licencias para poder facer concertos nas vilas galegas, o que acrecenta a problemática.

Debería establecerse un diálogo e atopar unha solución que permita seguir desfrutando da música en directo de propostas locais nestes e noutros espazos, porque a cultura é de tod@s e para tod@s.



*Activouse tamén estes días unha campaña de recollida de firmas en Change.org para que volvan os concertos nos chiringuitos de Vigo.

Reunión do PROXECTO EUTERPE_ADN
19/12/2025

Reunión do PROXECTO EUTERPE_ADN

📌O vindeiro venres 12 de decembro terá lugar a derradeira Asemblea Xeral do ano 2025.Será ás 19:00h no Centro Sociocultu...
05/12/2025

📌O vindeiro venres 12 de decembro terá lugar a derradeira Asemblea Xeral do ano 2025.
Será ás 19:00h no Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche de Santiago de Compostela. Manteremos o formato presencial e online.

Dirección

Centro De Negocios Porto Do Molle/oficina 1. 22
Nigrán
36350

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Músicas Ao Vivo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir