13/11/2023
Bos e felices días.
A nosa andaina comezou fai xa 32 anos e agora estamos a un paso de comezar a disfrutar o camiño da xubilación.
Queremos agradecer a todos os nosos clientes, familiares e amigos, por acompañarnos en todas as nosas etapas: de cando eramos pub burguer, ata agora co restaurante. Oxalá nos sigamos vendo nos bares, pero agora nós polo mesmo lado da barra ca vós.
Moitas gracias por acompañarnos durante este camiño, feliz vida para todos e que nos sigamos vendo moitos anos máis.
Un abrazo enorme, de corazón.
Emilio e Pilar.