A Castelana de Cea

A Castelana de Cea RITGA-E-2025-003336

25/04/2026
15/04/2026

A música tradicional gallega protagonista!

Garda a data!!

23 de maio, ás 19 horas no Edificio Multiusos.

Con sorpresas, moitas sorpresas!


A funcionalidade e o deseño poden ir da man…/ La funcionalidad y el diseño pueden ir de la mano…. ,  ,  ,  ,  ,  ,
15/04/2026

A funcionalidade e o deseño poden ir da man…/ La funcionalidad y el diseño pueden ir de la mano….
, , , , , ,

10/04/2026

ANDAINA SOLIDARIA

Anunciamos a data e a Asociación benificiaria da Andaina Solidaria Festa do Pan de Cea.

A X Edición será a favor da *Asociación Española contra o Cancro en Ourense*, e celebrarase o domingo 28 de xuño.

Abriremos inscrición e ampliaremos información desde un mes antes do evento

Lembramos que a Andaina é unha das actividades englobadas na Festa do Pan de Cea que coorganizan o Concello de San Cristovo de Cea e o Consello Regulador da IXP Pan de Cea.




Asociación Española Contra o Cancro en Ourense

31/03/2026

Un bo plan...

Un bo plan para esta Semana Santa é visitar Oseira, un dos pobos mais bonitos de España.

E lembramos os horarios de visita do Mosteiro Cisterciense de Oseira para estes dias:

- Xoves Santo: 12:45 - 17:00
- Venres Santo: 12:45 - 16:00 - 18:30
- Sábado Santo: 10:30 - 12:00 - 17:00 - 18:30
- Domingo de Resurrección: 12:45 - 17:00 - 18:30

Un buen plan...

Un buen plan para esta Semana Santa es visitar Oseira, uno de los pueblos mas bonitos de España.

Y recordamos los horarios de visita del Monasterio Cisterciense de Oseira para estos dias:

- Jueves Santo: 12:45 - 17:00
- Viernres Santo: 12:45 - 16:00 - 18:30
- Sábado Santo: 10:30 - 12:00 - 17:00 - 18:30
- Domingo de Resurrección: 12:45 - 17:00 - 18:30

Los Pueblos Más Bonitos de España

30/03/2026

Camiño de Santiago

A Semana Santa marca tradicionalmente a tempada alta de peregrinos na Vía da Prata, e xa comezamos a ver un número considerable.

Para darlles a benvida a todos e todas, iluminarase a Torre do Reloxo durante tres días de azul e amarelo, que simbolizan as cores da imaxe que os guía.

Benvidos e boa estancia no noso concello!


22/03/2026
https://www.facebook.com/share/p/18Bnnn42A6/?mibextid=wwXIfr
19/03/2026

https://www.facebook.com/share/p/18Bnnn42A6/?mibextid=wwXIfr

Quedada fotográfica en Cea.

Da man de , todos os amantes da fotografía (desde nivel 0) poderán acudir a esta quedada que percorrerá recunchos do noso Concello para logo despois publicar as imaxes resultantes en redes sociais e difundir a nosa riqueza arquitectónica, patrimonial, gastronómica e natural.

En breve compartiremos data e programa completo.

Resulta unha actividade de gran interese e que nos permitirá que fotógrafos aficionados e profesionais de todo Galicia se acheguen ao noso Concello e facer unha interesante labor de difusión.


https://www.facebook.com/share/p/1ATkBJ5FZk/?mibextid=wwXIfr
25/02/2026

https://www.facebook.com/share/p/1ATkBJ5FZk/?mibextid=wwXIfr

Vía da Prata

O Concello de San Cristovo de Cea é paso obrigado de peregrinos no seu andar cara a Compostela.

No período de maio a octubro do 2025, nos albergues públicos de Cea e Oseira pernoctaron preto de 5.000 peregrinos, sendo o de Cea o de maior número de pernoctacións de toda a provincia e o de maior número de pernoctacións desta variante do camiño en toda Galicia.

E o 2026 promete, a día de hoxe, hai reservas (so grupos grandes poden reservar e alóxanse no pavillón polideportivo) de 699 peregrinos, un número que resulta curioso ademais de grande.

A procedencia, todos os grupos son de fóra de Galicia excepto un (Santiago de Compostela) e todos os demais, excepto un, son da península. A excepción é un grupo de estudiantes españois e europeos que farán o camiño xuntos.

Normalmente, a Semana Santa marca o inicio de tempada media alta de tránsito de peregrinos, e este ano é un ano de moi boas expectativas.


https://www.facebook.com/share/p/1DCTVd3c52/?mibextid=wwXIfr
30/01/2026

https://www.facebook.com/share/p/1DCTVd3c52/?mibextid=wwXIfr

Outro dos lugares especiais do noso Concello: a Ponte Medieval de Pontemandrás.

Trátase dunha ponte medieval do século XIII que da paso sobre o río Barbantiño.

Formaba parte do antiguo Camiño Real que unía a cidade de Ourense con Santiago de Compostela. Reformouse no século XVIII, pero mantén a súa robusta estrutura de granito con gran arco apuntado.

No 2025, a Xunta rematou unha importante obra de restauración para recuperar o pavimento orixinal de piedra, retirando capas acumuladas.

É lugar de paso de peregrinos, por aquí pasa a Vía da Prata (ou Camiño Sanabrés).


Dirección

Fondo Do Lugar, 43 San Cristovo De Cea ( Ourense)
San Cristóbal De Cea
32130

Teléfono

+34647411884

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Castelana de Cea publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir