17/07/2023
📢Estes días as Candorcas están a ser nova polo inicio da súa chegada ás costas de Galiza, así que imos falar un pouquiño delas.
👉A candorca ou alcandorca como se lles coñece en galego é o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos.
👉En Galiza a súa presenza é habitual aínda que se pensa que nos últimos anos están a chegar máis exemplares, principalmente detrás de grandes bancos de atún vermello. As interaccións cos veleiros teñen que ver coa curiosidade e mesmo o xogo, especialmente das máis cativas aínda que non se descarta que responda a unha experiencia negativa con estes barcos
👉Adoitan organizarse en grupos familiares que poden ir de 3 a 150 exemplares ou incluso máis. A súa liña é matriarcal, o exemplar máis vello e todos os seus descendentes .
👉Historicamente sofreron o estigma de ser denominadas como "baleas asasinas" mais o certo é que nen son baleas nen son asasinas, son depredadores como calquera outro animal. Chegaron a ser bombardeadas polo exército dos Estados Unidos baixo o argumento de "roubar peixe aos mariñeiros".
👉Ademais nas últimas décadas sofreu a caza masiva, tamén para recluilos en grandes acuarios, onde adoitan sofrer diversas patoloxías froito do cativerio. Hoxe en día a súa caza é case inexistente.
👉Como curiosidade, a cultura de Nazca representou unha candorca e Plinio o Vello describiuna na súa Historia Natural, escrita polo 50 a.C.
👉Sen dúbida é unha boa nova ter nas nosas costas a esta especie, un exemplo da riqueza das nosas augas.