09/03/2020
Imos con retraso na publicidade, pero este sábado 14 de marzo é a terceira sesión do curso de Horta-xardín.
Rematada a poda, polo de agora, empezamos ca horta: como preparar a terra, facer bancais elevados para non fender o lombo sachando, que plantar e como rotar os cultivos para ter horta todo o ano, como coidar a nosa horta sen utilizar pesticidas e como para poder ter tomates e leitugas, ou o que queiramos, non nos fai falta ter unha horta grande, somos apañadiñas e xa no xardín ou terraza podemos plantar ata patacas se queremos!