17/05/2026
A nosa lingua é moito máis ca palabras: é memoria, identidade e forma de sentir 💙
No Día das Letras Galegas celebramos a cultura que nos une, as tradicións que pasan de xeración en xeración e todo o que nos fai ser quen somos.
Este ano, o día está dedicado a Begoña Caamaño, xornalista e escritora que puxo o foco nas historias silenciadas, especialmente nas voces femininas, e que fixo da palabra unha ferramenta de compromiso e transformación.
En Mapoula, sentimos moi de preto todo isto: o valor do que perdura, do que se coida e do que se transmite.
Feliz Día das Letras Galegas ✨