Correvaidille

Cómo llegar Página web

Correvaidille Correveydile é unha empresa de xestión e catalización cultural, comunicación creativa, organización de eventos e dinamización sociocultural.

En CORREVAIDILLE creamos, conceptualizamos, deseñamos, coordinamos e executamos proxectos e accións culturais de diversa índole. Ademais, dámoslle ás á imaxinación, brindando a cada cliente e entidade colaboradora ou promotora, a creatividade e as ferramentas necesarias para a visibilización eficaz das súas liñas de acción, obxectivos, servizos, actividades, produtos e marcas. Os que seguen son algúns dos traballos que realizamos dende 2012:

-1ª, 2ª e 3ª edición do ciclo musical de concertos noitiNHas MUSIC para o Hotel NH Collection Santiago e Cervezas Alhambra. 4ª edición * 2021 en preprodución.
-Proxeccións de creadoras e creadores galegos na Praza da Quintana de Santiago de Compostela para felicitar o Nadal 2020 e o Aninovo 2021 aos viandantes da cidade. Proxecto realizado para Turismo de Santiago.
-Empresa promotora do festival lúdico-cultural para a posta en valor do talento galego Mercado da Estrela en 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019 e 2020. Iniciativa propia co-organizada co Concello de Santiago de Compostela con patrocinadores e colaboradores como Artesanía de Galicia, Santiago de Compostela Turismo, Estrella Galicia, Gadis, Finsa, etc.
- Dirección de produción da quincena de actividades do espazo de Galeras nas Festas do Apóstolo 2020 (Santiago de Compostela; Festas do Apóstolo 2020; Concello de Santiago de Compostela)
-2ª edición da actividade Sabor a Artesanía coa Fundación Pública Artesanía de Galicia – Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia xullo 2020
- Conteptualización, deseño e materialización da campaña de promoción QUEDAMOS EN TEO. QUEDAMOS SEGURO para o Concello de Teo (primavera 2020)
-1ª edición do ciclo de sesións DJ TardiNHas para o Hotel NH Collection Santiago e Cervezas Alhambra (verán 2020)
-Traballos de deseño e produción de materiais para Tragsatec, Grupo Tragsa (febreiro 2020)
-Parte da produción e contidos da mostra de artesanía da Feira do San Martiño. Concello de Teo (novembro 2019)
-Organización do Festival AtardeSer en Broña para o Concello de Outes (agosto 2019).
-Organización da iniciativa Festa Territorio das mulleres enmarcada dentro das Festas do Apóstolo (xullo de 2016, 2017, 2018 e 2019) para o Concello de Santiago de Compostela - Santiago de Compostela Turismo
-Organización da 1ª, 2ª, 3ª e 4ª Edición do Festival de San Xoán en Compostela para o Concello de Santiago de Compostela a través de Turismo de Santiago de Compostela (2016, 2017, 2018 e 2019).
-Deseño, coordinación e produción da 1ª e a 2ª edición da iniciativa CREAGAIÁS para o CEM, Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia (2018 e 2019).
-Actualización de contidos dixitais para a axenda de actividades culturais de Turismo de Santiago para Turismo de Santiago de Compostela (2019).
-Organización do festival familiar Feira na eira para o Concello de Santiago de Compostela. Apóstolo 2018.
-Dirección artística, coordinación e contratacións da Noite de Bandas Galegas na Praza da Quintana para o Concello de Santiago de Compostela. Apóstolo 2018.
-Dirección dos Premios da Cultura Galega para a Xunta de Galicia. Outono/inverno 2017.
-Servizo de coordinación e programación de actividades culturais na Cidade da Cultura de Galicia (setembro 2015 –setembro 2017).
-Organización do Festival da Cervexa Artesá de Cangas (xullo 2016).
-Deseño, coordinación e produción da iniciativa Nadal sobre rodas. Concello de Santiago de Compostela (Nadal 2015-2016).
-Secretaría técnica de organización, deseño de imaxe e dinamización da 1ª, 2ª e 3ª edición da iniciativa Estrea Estilo: xornada lúdica de dinamización comercial para a presentación das novas coleccións do comercio compostelán. 2013, 2014 e 2015. Concellaría de Comercio de Santiago de Compostela.
-Secretaría técnica de organización e deseño de imaxe Mercado da Quintana para Turismo de Galicia e Concello de Santiago de Compostela (Nadal 2014-15)
-Actividades de dinamización Nadal 2014-2015. Turismo de Santiago.
-Deseño de imaxe, actividades e espazo infantil para o Festival do Norte’ 14.
-Dinamización musical para Compostela Gastronómica 2014. Concello de Santiago de Compostela.
-Deseño de contidos e dinamización infantil e familiar para a 1ª e 2ª edición da iniciativa Festivalín. 2013 e 2014 en Vigo e A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza e I-radia crea.
-Organización Bee Happy Market. 2013 e 2014. Naranjalimón e Asociación Galega de Apicultores.
-Actividades infantís para SGAE - Fundación Autor no Festival de la Luz. 2013.
-Empresa promotora da iniciativa Sabor a artesanía. 2012.
-Dirección artística e creatividade de todos os proxectos xestionados.
-Deseño de merchandising para SOGAMA, Tropa Verde e todos os proxectos propios.
-Etc.

🌟⭐️🌟15º ANIVERSARIO MERCADO DA ESTRELA Venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026O Salón Refectorio da Hosped...
16/10/2026

🌟⭐️🌟

15º ANIVERSARIO MERCADO DA ESTRELA
Venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026

O Salón Refectorio da Hospedería San Martín Pinario será un dos espazos para os que as persoas persoas creadoras, produtoras, artesás e artistas que queiran celebrar o talento galego o venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026 en Santiago de Compostela poderán solicitar praza.

As bases de participación e o formulario online de preinscrición estarán dispoñibles no seguinte link ata o vindeiro martes 20 de outubro ás 23:59h!

https://drive.google.com/file/d/19yu4wMaopuiN-H_5vd20TD-0LlXXtAvp/view

Reserva a data para desfrutar da Feira Creativa de Agasallos Galegos, a gastronomía, os concertos, os obradoiros, os xogos, os roteiros, as sesións picadiscos, as sorpresas e celebrar o 15º Aniversario do Mercado da Estrela en Santiago de Compostela!

Este Nadal:



🌟⭐️🌟

🌟⭐️🌟15º ANIVERSARIO MERCADO DA ESTRELAVenres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026Queremos celebrar o 15º Anive...
15/10/2026

🌟⭐️🌟

15º ANIVERSARIO MERCADO DA ESTRELA
Venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026

Queremos celebrar o 15º Aniversario do Mercado da Estrela, desexamos celebralo con vós e gustaríanos coñecer xa a todos os obradoiros artesanais, marcas galegas creativas e persoas creadoras, produtoras, artesás e artistas que queiran celebrar o talento galego o venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro de 2026 en Santiago de Compostela!

Bases de participación e formulario online de preinscrición xa dispoñible no seguinte link ata o vindeiro martes 20 de outubro ás 23:59h!

https://drive.google.com/file/d/19yu4wMaopuiN-H_5vd20TD-0LlXXtAvp/view

Reserva a data para desfrutar da Feira creativa de agasallos, a gastronomía, os concertos, os obradoiros, os xogos, os roteiros, as sesións picadiscos, as sorpresas e celebrar o 15º Aniversario do Mercado da Estrela en Santiago de Compostela!

Este Nadal:



🌟⭐️🌟

🎶🌙🍢🍻🎉🎶Co sexto noitiNHas de 2026 pechamos unha etapa e gardamos no cofre das lembranzas das noites compartidas a música ...
16/09/2026

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

Co sexto noitiNHas de 2026 pechamos unha etapa e gardamos no cofre das lembranzas das noites compartidas a música escoitada, as apertas inesquecibles, os padais colmados, os brindes elevados ao ceo e a maxia que acontece cando nos xuntamos no NH Collection Santiago.

Grazas a Erin Memento, a DJ Divergente e a Javier Míguez, de Casa de Amancio, por acompañarnos na última das veladas deste ano e tamén e a todas as artistas, chefs e persoas que celebrastes connosco esta 9ª edición do ciclo por facelo posible tal e como é!

Vémonos nas próximas historias que quedan por escribir... cando cae a noitiNHa en Santiago de Compostela!






Promoveu: NH Collection Santiago
Patrocinou: Cervezas Alhambra
Organizou:

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

Co sexto noitiNHas de 2026 pechamos unha etapa e gardamos no cofre das lembranzas das noites compartidas a música escoitada, as apertas inesquecibles, os padais colmados, os brindes elevados ao ceo e a maxia que acontece cando nos xuntamos no NH Collection Santiago.

Grazas a Erin Memento, a DJ Divergente e a Javier Míguez, de Casa de Amancio, por acompañarnos na última das veladas deste ano e tamén e a todas as artistas, chefs e persoas que celebrastes connosco esta 9ª edición do ciclo por facelo posible tal e como é!

Vémonos nas próximas historias que quedan por escribir... cando cae a noitiNHa en Santiago de Compostela!






Promoveu: NH Collection Santiago
Patrocinou: Cervezas Alhambra
Organizou: Correvaidille

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

🎶🌙🍢🍻🎉🎶A azotea do sexto andar do NH Collection Santiago agarda por vós para celebrar o fin da novena tempada do ciclo no...
09/09/2026

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

A azotea do sexto andar do NH Collection Santiago agarda por vós para celebrar o fin da novena tempada do ciclo noitiNHas!

Farémolo con moitísimas ganas de escoitar o directo de Erin Memento, de brindar cunha Cervexa Alhambra ao ritmo que nos marque a escolma musical de DJ Divergente e de catar o petisco que preparará para nós, o chef Javier Míguez, de Casa de Amancio!

Agardámosvos!

ÚLTIMO noitiNHas da 9ª EDICIÓN - MÉRCORES 9 DE SETEMBRO

🍻19:30h - 21h: Sesión DJ a cargo de DJ Divergente + Showcooking Cervezas Alhambra da man de lo Míguez, do restaurante Casa de Amancio (Lavacolla)
🎶21h: concerto de Erin Memento






Entrada: de balde sen reserva previa de convite
Promove: NH Collection Santiago (Santiago de Compostela)
Patrocina: Cervezas Alhambra
Organiza: Correvaidille

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

🎶🌙🍢🍻🎉🎶A festa despedida desta 9ª edición será con vós, será con Erin Memento, será con Javier Míguez, de Casa de Amancio...
08/09/2026

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

A festa despedida desta 9ª edición será con vós, será con Erin Memento, será con Javier Míguez, de Casa de Amancio, será con DJ Divergente e será dende a azotea nas alturas do 6º andar para decirlle deica logo ás vistas á Catedral, ao verán e aos plans de música e gastronomía baixo o ceo aberto no NH Collection Santiago (Santiago de Compostela)!

Agardámosvos!

ÚLTIMO noitiNHas da 9ª EDICIÓN - MÉRCORES 9 DE SETEMBRO
🍻19:30h - 21h: Sesión DJ a cargo de DJ Divergente + Showcooking Cervezas Alhambra da man de Javier Míguez, do restaurante Casa de Amancio (Lavacolla)
🎶21h: concerto de Erin Memento






Entrada: de balde sen reserva previa de convite
Promove: NH Collection Santiago
Patrocina: Cervezas Alhambra Momentos Alhambra alhambrabeer
Organiza: Correvaidille

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

🎶🌙🍢🍻🎉🎶Vivir con vós este último noitiNHas de 2026. Iso é o máximo que podemos desexar nesta derradeira cita do ano.Acomp...
07/09/2026

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

Vivir con vós este último noitiNHas de 2026. Iso é o máximo que podemos desexar nesta derradeira cita do ano.
Acompañádenos para despedir o ciclo e despedir xunts o verán.

ÚLTIMO noitiNHas da 9ª EDICIÓN - MÉRCORES 9 DE SETEMBRO
🍻19:30h - 21h: Sesión DJ a cargo de DJ Divergente + Showcooking Cervezas Alhambra da man de Javier Míguez, do restaurante Casa de Amancio (Lavacolla)
🎶21h: concerto de Erin Memento






Entrada: de balde sen reserva previa de convite
Promove: NH Collection Santiago
Patrocina: Cervezas Alhambra Momentos Alhambra alhambrabeer
Organiza: Correvaidille

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

🎶🌙🍢🍻🎉🎶Moita, moitísima sabrosura a que están preparando para vós Javier Míguez, do restaurante Casa de Amancio, e o equi...
07/09/2026

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

Moita, moitísima sabrosura a que están preparando para vós Javier Míguez, do restaurante Casa de Amancio, e o equipo de cociña do NH Collection Santiago de cara ao último noitiNHas de 2026!

Agardámos para celebrar a última velada do ciclo neste presente Año!

ÚLTIMO noitiNHas da 9ª EDICIÓN - MÉRCORES 9 DE SETEMBRO
🍻19:30h - 21h: Sesión DJ a carga de DJ Divergente + Showcooking Cervezas Alhambra da man de Javier Míguez, do restaurante Casa de Amancio (Lavacolla)
🎶21h: concerto de Erin Memento






Entrada: de balde sen reserva previa de convite
Promove: NH Collection Santiago
Patrocina: Cervezas Alhambra Momentos Alhambra alhambrabeer
Organiza: alhambrabeer

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

Moita, moitísima sabrosura a que están preparando para vós Javier Míguez, do restaurante Casa de Amancio, e o equipo de cociña do NH Collection Santiago de cara ao último noitiNHas de 2026!

Agardámos para celebrar a última velada do ciclo neste presente Año!

ÚLTIMO noitiNHas da 9ª EDICIÓN - MÉRCORES 9 DE SETEMBRO
🍻19:30h - 21h: Sesión DJ a carga de DJ Divergente + Showcooking Cervezas Alhambra da man de Javier Míguez, do restaurante Casa de Amancio (Lavacolla)
🎶21h: concerto de Erin Memento






Entrada: de balde sen reserva previa de convite
Promove: NH Collection Santiago
Patrocina: Cervezas Alhambra Momentos Alhambra alhambrabeer
Organiza: Correvaidille

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

🎶🌙🍢🍻🎉🎶Casa de Amancio (Lavacolla) é un referente da gastronomía galega cunha proposta na súa cociña que combina produtos...
03/09/2026

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

Casa de Amancio (Lavacolla) é un referente da gastronomía galega cunha proposta na súa cociña que combina produtos locais, materias primas de alta calidade e unha carta elaborada na que dialogan tradición e creatividade. Mar, terra and sabores ancestrais convivindo nunha experiencia pensada para g***r cos cinco sentidos e que podremos catar no último noitiNHas da temporada: o vindeiro mércores 9 de setembro, o seu chef Javier Míguez estará á fronte do Showcooking Cervezas Alhambra do último noitiNHas de 2026, aportando a súa visión culinaria a unha experiencia onde a gastronomía se entrelaza coa música en directo.

Unha última cita para saborear, compartir e despedir o ciclo como se merece!

ÚLTIMO noitiNHas da 9ª EDICIÓN - MÉRCORES 9 DE SETEMBRO
🍻19:30h - 21h: Sesión DJ a carga de DJ Divergente + Showcooking Cervezas Alhambra da man de Javier Míguez, do restaurante Casa de Amancio (Lavacolla)
🎶21h: concerto de Erin Memento






Entrada: de balde sen reserva previa de convite.
Promoción: NH Collection Santiago
Patrocina: Cervezas Alhambra - Momentos Alhambra - alhambrabeer
Organización: Correvaidille

🎶🌙🍢🍻🎉🎶

💥🌲🌲🌲Contámosvos en imaxes como foi o FESTIVAL Electrofauna IV - 2026! ELECTROFAUNA é un pequeno festival multiartes que ...
01/09/2026

💥🌲🌲🌲

Contámosvos en imaxes como foi o FESTIVAL Electrofauna IV - 2026!

ELECTROFAUNA é un pequeno festival multiartes que toma á natureza e á creatividade que se inspira nela como protagonistas. Pensado para todos os públicos, puxo o foco na súa 4ª edición na necesidade de coñecer, vivenciar e valorizar a nosa contorna natural máis achegada, aprendendo a sentirnos parte dela e a celebrala e cohabitala de forma respectuosa e harmónica, intervíndoa creativamente cos cinco sentidos e deixándonos levar pola vibrante chamada do bosque...
... dende o corazón verde de Compostela!

FESTIVAL Electrofauna IV - 2026. Xoves 30 e venres 31 de xullo e sábado 1 de agosto. Parque de Vista Alegre - Santiago de Compostela. A vibrante chamada do bosque como latexo creativo. Música, obradoiros, roteiros e actividades inspiradas pola natureza



Promoveu: Correvaidille Correvaidille
Apoiaron: Concello de Santiago de Compostela. AGADIC - Xunta de Galicia. Axencia Galega das Industrias Culturais Pazo de Raxoi Axencia Galega das Industrias Culturais Xunta de Galicia
Colaboraron: Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela. Cervezas Alhambra. Bodegas Lodeiros. Paco & Lola. BS Danza. Adega Cervezas Alhambra Bodegas Lodeiros PACO & LOLA BS Danza
Imaxe: Xoel Méndez

https://youtu.be/bzQX4j3bB9o?si=7c8wHq2OsrShVPTx

🌲🌲🌲💥

💥🌲🌲🌲FESTIVAL ELECTROFAUNA IV A vibrante chamada do bosque como l...

Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Correvaidille publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir