24/11/2022
🚶🚶🚶♂️🎒🌲🌳ANDAINA ESPECIAL GALIÑEIRO:
Este domingo día 27 de novembro temos unha andaina especial, unha andaina prometida a todos os participantes das andainas 2022.
Percorreremos a Serra do Galiñeiro que discorre por Mos e os concellos limítrofes, esta andaina discorre no 100 x 100 por pistas e camiños forestais.
Queremos poñer en valor a serra do Galiñeiro, serra con un gran valor xeolóxico, medioambiental e patrimonial, na que a súa defensa e conservación e primordial para Mos
🕛A saída terá lugar dende o Castro de Herville ás 10:00 h da mañá e o remate está previsto preto das 12:00 horas.
https://goo.gl/maps/rYfg8zdB5WuKhthp6
Se as previsións anticiparan choivas sería aprazada e informariamos polas canles habituais (redes sociais, correo electrónico, whatsapp)
👟🥾Aconséllase levar calzado cómodo e que agarre ben, ademais de levar un bastón de sendeirismo ou calquera bastón de apoio.
A ruta está catalogada para todos os públicos pero sinalamos os puntos concretos que poden ser máis difíciles para que teñades toda a información.
🐶🐕🐩🦮🐕🦺Poden levarse cans; apelamos á responsabilidade de cada un, de que estes saben convivir e levarse ben con outros cans e persoas.
PERFIL DA RUTA:
Ten unha lonxitude de 8 quilómetros con saída e chegada o Castro de Herville
A ruta é de dificultade media, doada para todos os públicos, percorreremos a parte da serra que compón Mos e o limite cos concellos veciños de Porriño, Gondomar e Vigo, para Retornar a Mos novamente.
Estaremos acompañados por Protección Civil e o Servizo Municipal de Emerxencias.
Esperámosvos!