Acampamento Caurel

  • Home
  • Acampamento Caurel
Call Directions Website Contact the business

Acampamento Caurel Camping y bungalows en la Sierra de O Caurel, en Lugo, Galicia. Entorno natural incluido en la Red Natura 2000. Bungalows y camping.

Con restaurante, cafetería, piscina y parque infantil.

22/07/2026

🎨 ARTESANÍA DE GALICIA CHEGA A FOLGOSO DO COUREL

Do 5 ao 9 de agosto, o Centro Sociocultural Fondo de Vila acollerá unha nova edición de Artesanía de Galicia no Courel, cun programa que combina obradoiros con inscrición previa e actividades gratuítas abertas ao público.

📝 Obradoiro con inscrición previa:
🔸 Iniciación ao torno cerámico

🎉 Obradoiros gratuítos abertos ao público adulto e infantil:
🔹 Técnicas de cerámica en mesa
🔹 Faroliños de papel, estampados á man con selos de Amor ó Teu
🔹 Creación do teu propio selo e estampaxe do teu caderno kraft
🔹 Estampaxe de panos coa técnica de estérxido (7 de agosto)
🔹 Estampaxe dunha camiseta coa técnica da serigrafía e tipografías de imprenta
🔹 Estampaxe de panos coa técnica de estérxido (9 de agosto)

🔗 Inscricións:
https://artesaniadegalicia.xunta.gal/es/formacions

Consulta no cartel os horarios, localización e toda a información de cada obradoiro.

🏛️ Concello de Folgoso do Courel
📍 Serra do Courel · Lugo
🌿 Natureza · Patrimonio · Territorio · Vida local
📲 Síguenos para estar ao día

22/07/2026
17/07/2026

🌿 Abrimos as inscricións para “Territorio Novoneyra” 2026

Catro rutas para descubrir o territorio de Uxío Novoneyra a través da poesía, a memoria e a paisaxe. Un programa que convida a camiñar polos lugares que inspiraron a súa obra e a coñecer novas lecturas do Courel e da súa contorna.

🗓️ Programa:

🥾 18 de xullo · Ruta do Cido pola memoria da terra, con Inacio Vilariño.

🌱 1 de agosto · Ruta botánico-poética “Ámeto mítico”, con Nieves Neira.

🕊️ 30 de agosto · Ruta pola memoria democrática do Courel, con Inacio Vilariño (*actividade vinculada ao Festival dos Eidos).

🪧 19 de setembro · Ruta pola Quiroga literaria de Fole e Novoneyra, con Marcos Reinoso.

Cada roteiro propón unha forma distinta de achegarse ao universo de Uxío Novoneyra, combinando literatura, patrimonio, historia e natureza nunha experiencia para camiñar e mirar a paisaxe con outros ollos.

📬 Inscricións abertas a través da ligazón que atoparedes no noso perfil de Instagram (bit.lu/novoneyra) ou escaneandono códiho QR da imaxe.

💚 Quen apoia o Territorio Novoneyra?
Organizamos as rutas co apoio do proxecto Territorio Cultura, programa en colaboración do Ministerio de Cultura coa Xunta de Galicia a través da Agadic - Axencia Galega das Industrias Culturais, e das Axudas para Proxectos de Cooperación Cultural no Medio Rural 2026 do Ministerio de Cultura.
Agardámosvos en Territorio Novoneyra para seguir descubrindo, paso a paso, a palabra e a terra.

06/07/2026

O festival comezará 11 de xullo e incluirá actuacións musicais de balde, unha ruta micolóxica e propostas culturais en distintos puntos do territorio

30/06/2026
26/06/2026

Address

Esperante, S/N

27324

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Acampamento Caurel posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Contact The Business

Send a message to Acampamento Caurel:

Shortcuts

  • Want your business to be the top-listed hotel?

Share